O Observatorio
O obxectivo de GALMA é promover a investigación, formación e transferencia de coñecemento na área de accesibilidade ós medios de comunicación para persoas que por diferentes motivos non poden ter acceso ós contidos audiovisuais orixinais. GALMA adopta unha visión ampla do concepto de accesibilidade ós medios, que atinxe tanto a persoas con algún tipo de discapacidade, problema cognitivo ou dificultade derivada xa sexa da idade ou do proceso de aprendizaxe, como a aqueles que sen ter ningún tipo de discapacidade poidan necesitar algún tipo de acceso ó contido audiovisual en outras linguas.
A investigación de GALMA inclúe unha ampla variedade de temas relacionados coas diferentes modalidades de tradución audiovisual (xa sexa subtitulado para persoas con dificultades auditivas, audiodescrición para persoas con problemas de visión, dobraxe e interpretación para os medios ou outros). Dous aspectos cruciais concentran a atención do grupo: a calidade dos sistemas de accesibilidade ós medios e a integración da accesibilidade como elemento chave do proceso de produción audiovisual.
O traballo de GALMA ten unha dobre dimensión. Por unha banda, GALMA pretende vixiar e analizar os servizos de accesibilidade ós medios en Galicia, así como promover e aumentar a presenza de sistema de acceso e xerar as primeiras directrices sobre accesibilidade ós medios en Galicia. Por outra banda, como grupo de investigación recoñecido da Universidade de Vigo, GALMA ten a vocación internacional de acoller e coordinar o traballo dun inquieto equipo de investigadoras e investigadores, así como de estudantes de doutoramento de todo o mundo, que comparten ese mesmo interese investigador e que xa colaboran en diversos proxectos de investigación internacionais, a menudo coa colaboración tanto de usuarios como da industria audiovisual.
Máis aló da investigación e publicación de materiais científicos, GALMA tamén ten un compromiso coa formación (xa sexa de estudantes universitarios, profesionais ou usuarios) e co desempeño profesional nos mercados, por exemplo mediante a provisión de servizos accesibles, a produción de cine accesible ou a colaboración con reguladores gubernamentais, cadeas de TV, produtoras ou asociacións de usuarios, así como coa certificación de especialistas en acceso ós medios a través de LiRICS (Certificado Standard de Refalador Profesional) ou mediante a certificación de avaliadores NER.
Proxectos
- NewMAS (Human-Machine Interaction in the New Media Accessibility Spectrum)
- QuaLiSub (The Quality of Live Subtitling)
- ILSA (Interlingual Live Subtitling for Access)
- MAP (Media Accessibility Platform)
- SMART (Shaping Multilingual Access through Respeaking Technology)
- EASIT (Easy Access for Social Inclusion Training)
- ITACA (Inclusión social, Traducción Audiovisual y Comunicación Audiovisual)
- Accesible Filmmaking Guide
- Crear Con Acceso
- EU-VOS (Intangible Cultural Heritage. For a European Programme for Subtitling in Non-Hegemonic Languages)
- User Responses to Live Captioning in Canada
- The Dubbing Effect
- QuaLiSpain (Quality of Live Subtitling in Spain)
- NER Certification in Canada
- Captioning Glasses for the National Theatre
- Respeaking at Live Events









