Oscar Alonso Amigo
Investigador, desenvolvedor de software & IA
Oscar Alonso Amigo é desenvolvedor de software e investigador en Intelixencia Artificial, especializado na aplicación de tecnoloxías da linguaxe no ámbito da accesibilidade. Participa no grupo GALMA da Universidade de Vigo como colaborador externo, contribuíndo ao desenvolvemento de ferramentas baseadas en LLMs e outras tecnoloxías de IA para o sector audiovisual. O seu traballo abarca dende a utilización de modelos comerciais ata o adestramento e fine-tuning de modelos abertos adaptados a necesidades concretas.
Pódeselle atopar en Hugging Face e outras plataformas como @alamios
