Curso de Experto en Interpretación Simultánea de Voz a Texto (inglés-español)

A Interpretación Simultánea de Voz a Texto é unha técnica de traballo innovadora dacabalo entre o subtitulado e a interpretación simultánea tradicional (de voz a voz) que proporciona servizos de tradución accesibles para persoas con certos tipos de limitación sensorial.

Ata o de agora levouse a cabo principalmente de modo intralingüístico (por exemplo, español-español), o que facilita que espectadores xordos teñan acceso a programas de televisión ou actos públicos en directo mediante subtítulos. Para proporcionar acceso a programas ou eventos en directo noutro idioma, fai falta unha nova destreza e unha nova disciplina, a Interpretación Simultánea de Voz a Texto.

Inicio e fin

29/01/2024 – 24/05/2024

Modalidade

Asíncrona (en línea)

Créditos ECTS

20.0 ECTS