Juan M. Fischer
Estudante no Programa de Doutoramento en Comunicación pola Universidade de Vigo, a súa tese doutoral céntrase na avaliación da calidade na subtitulación en directo e na transición cara a automatización deste proceso. A semente desta tese provén do seu Traballo de Fin de Grao en Tradución e Interpretación, cuxo título foi Avaliación da calidade en interpretación simultánea: especificidade no par lingüístico alemán-español. Anteriormente cursou o Mestrado Universitario en Xestión Empresarial do Deporte (Universidade de Vigo) e a Diplomatura en Maxisterio de Educación Física (Universitat de les Illes Balears). No ámbito académico participou en diversos proxectos, como o Vocabulaire panlatin du surf da Délégation générale à la langue française et aux langues de France ou o proxecto terminolóxico ENVIRONMENT, no marco de traballo Terminology without Borders da Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea. É tamén autor da publicación Planificación estratégica del surf: aproximación económica al caso de Galicia, presentada no IV Congreso Iberoamericano de Economía del Deporte, e membro da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación.
